Alén das estrelamares (eBook)
176 Seiten
Ediciones SM (Verlag)
978-84-9854-731-3 (ISBN)
1
NACÍN unha noite de treboada. As bólas de saraiba penetraban na auga do estanque coma unha fermosa chuvia de pedriñas brancas que despois quedaban aboiando na superficie. Á luz intermitente dos lóstregos que facían retumba-lo chan puiden entrever por vez primeira ás que entón me pareceron tres xigantescas e ameazantes sombras.
O meu nome é Cento Un. Tiven dúas nais porque non foi posible saber cal das dúas femias puxera o meu ovo e porque, á mañá seguinte ó meu nacemento, fun eu a única das crías que logrou fuxir dos ganapáns que arrincaron do estanque a tódolos meus irmáns. Ese mesmo día, adoecido polo afogo das femias, One, o meu pai, xurou solemnemente que endexamais volvería cubrir a ningunha centola no que lle quedaba de vida. E abofé que cumpriu o seu xuramento. Ó día seguinte el e mais eu mudámonos ó curruncho maís afastado do estanque.
O estanque era unha pequena baía coa forma dun dedo polgar facendo auto-stop. Incrustado nuns rompentes da costa viguesa, estaba pechado ó mar por unha mesta rede que se supuña impediría ós ocupantes abandona-lo seu interior de paredes ásperas, algas e area. Lembro que cando era un cativiño aquilo parecíame tan grande que pensaba que nunca podería percorrelo enteiro. Sen embargo, a medida que o meu corpo crecía e crecía, funme decatando de que aquela baía era pequena de maís para converterse no meu fogar definitivo.
Dende o primeiro momento meu pai adicouse por enteiro á miña educación. Eu non era maís grande cá xema dun maimiño pero, aínda que ó seu lado semellaba unha chalupa a carón dun portaavións, el consideraba que xa era grande dabondo para inicia-lo meu adestramento para a vida. Como queira que eu aínda era moi cativo para pelexar corpo a corpo, as primeiras semanas adicounas a potencia-los meus sentidos e a desenvolve-la miña axilidade e rapidez.
Meu pai non acenaba moito. El era así de seu: misterioso e silandeiro. Cada mencer agardaba a que eu espertase e, sen dicirme nada, púñame diante unha cuncha de vieira co meu almorzo. A pesar de que a comida do viveiro era conxelada eu sempre tiña diante de min unha boa ración de mexillóns, xarda, xurel, navallas, ameixas... Sempre ben desfeitiños, sempre tan frescos que semellaba que os acababan de apañar. Eu comía todo o que me puña diante, fose o que fose, sen chistar. É certo que morría polas ameixas finas e non aturaba o forte sabor dalgúns peixes, pero non me atrevía a deixar nada do que meu pai me puña na cuncha, aínda que fose xarda: o adestramento era duro de maís para afrontalo en xexún.
Rematado o almorzo, e xa que co bandullo a estoupar non é bo facer exercicio, meu pai iniciaba o adestramento coas leccións de percepción sensorial. Nós, os centolos, temos dous ollos pendurados de cadansúa anteniña (coma os dos caracois do Alén), a ámbolos dous lados do noso par de punzantes espiñas frontais. Pero, segundo meu pai, de nada serve ter cen ollos se o mar está revolto ou te moves polas zonas maís profundas da Ría. Por iso, malia que eu non o entendía ben aínda, meu pai tapábame os ollos cun anaco de verdello e comezaba a moverse ó meu redor. Entón eu tiña que sinalar se estaba diante ou detrás de min, á miña esquerda ou á miña dereita, tentando percibi-las vibracións da auga ou os cambios no fluxo da corrente, só coa axuda dos dous pares de antenas frontais. Se me trabucaba ó sinalar, meu pai dábame un croque que me deixaba quente para o resto do día.
Nin que dicir ten que levei moitos deses croques nos primeiros días de adestramento. Sen embargo, ó pouco tempo, e seguindo os seus consellos para orientar correctamente as antenas, chegou o día en que acadei unha porcentaxe total de acerto. Eu estaba moi satisfeito comigo mesmo. Pero aquilo non fixera maís que empezar. Ó día seguinte meu pai volveume tapa-los ollos e, sen que eu o soubese, liberou unha augamar que atrapara a noite anterior e pediume que sinalase onde se atopaba. Os croques volveron.
A media mañá deixabámo-los exercicios de percepción sensorial e iniciabámo-lo adestramento de camuflaxe. Ó principio eu coidaba que aquilo era unha especie de xogo das agachadas. Pero One era demasiado duro comigo como para consideralo un simple xogo. Nestes exercicios meu pai marchaba e deixábame só para que me camuflase o mellor que puidese. Enton eu ollaba ó meu redor buscando unha fenda nas rochas, ou cavaba un burato na area e soterrábame nel. Pero tanto tiña. Fose cal fose o meu agocho meu pai atopábame de seguida. Daquela eu estaba certo de que me estaba a enganar e de que, no canto de alonxarse, quedábase preto, asexando.
Así que un día, farto xa de que nunca estivese satisfeito da miña camuflaxe, negueime a seguir con aquel xoguiño. A véspera, ó agocharme no interior dun mesto macizo de algas pardas, atopara unha pequena estrelamar. Era a primeira que vía na vida. Dábame o corpo que aquilo valía para comer, pero como xa tiña o bandullo cheo deille a volta e deixeina alí, por se algún día tiña gana dela. Fíxenlle saber a meu pai que xa estaba canso de que me enganase e que, se toda esa trangallada era verdade, entón non lle sería difícil atopar aquel animal de cinco patas que había preto da zona de exercicios. Meu pai olloume con seriedade e, tras colocarse no centro do campo de adestramento, comezou a rotar sobre si mesmo, lentamente, movendo as anténulas en tódalas direccións e deténdose de cando en vez para facer unha marca na area: unha raia, dúas, tres... Nunca tal vira. Ó rematar díxome que a orientación das raias indicaba as direccións nas que, segundo el, había unha estrelamar: cantas maís raias había xuntas maís lonxe se atopaba. Meu pai fixera unha ducia de anotacións. Sen embargo, o que maís me abraiou de todo foi que, ó sinalar o lugar no que se atopaba a miña estrelamar, fíxome saber tamén que estaba de costas á area e que algún pequeno caranguexo lle roera unha das patas. De unha en unha fun con el a comproba-las súas anotacións. Todas eran correctas.
Ó mediodía chegaba o degorado descanso. Entón One levábame onda as miñas nais para que xantase con elas. Os metros finais do camiño facíaos só: el quedábase atrás, lonxe delas, a durmir un pouco. Daquela non entendía a que viña tanta precaución. Sobre todo se temos en conta que xa sabía que, cada mañá, se achegaba onda elas: despois de varias semanas de adestramento era quen de percibi-lo rastro de One mesmo na comida que atopaba ó outro lado do estanque.
Cando ía visitar ás miñas nais tampouco protestaba á hora de xantar: as ameixas e navallas, e sobre todo as deliciosas vieiras, eran sempre para min. A maís nova das miñas nais era unha fermosa centola de cuncha en forma de pera, esveltas coxas e arredondadas espiñas frontais. Meu pai enchíalle o ollo e ela, que estaba na plenitude da mocidade, era das dúas a que maís botaba en falla as súas apertas.
Pola contra, a miña nai maís vella levaba mellor aquilo de que meu pai xa non se lles achegase. Aínda que carecía da beleza da outra femia, a súa cuncha ovalada, na que se incrustaban unha decena de rexas extremidades, tiña a gracia da sobreabundancia. De feito, polo que ela me contou da súa vida anterior ó estanque, non había centolo que se resistise a botarlle unha longa ollada cando se cruzaba con ela nos fondos da Ría.
Por unha razón ou por outra nunca puiden gozar de cheo da compaña das miñas nais. As visitas ó outro lado do estanque duraban só ata a tardiña, e unicamente botaba días enteiros onda elas durante os períodos de muda. Pero nesas épocas, moi frecuentes ó principio, estaba tan feble que só me apetecía durmir todo o día. A muda é para nós o que un estirón é para os habitantes do Alén; só que un chisco maís traumático. O noso esqueleto é exterior e ríxido, e chega un momento en que, ó medra-lo corpo, faise pequeno de maís. É como se a un cativo se lle quedasen pequenos os pantalóns. Entón un novo esqueleto vaise formando debaixo do anterior. Chegado o momento a antiga cuncha grétase para deixar paso á nova que, durante uns días, é branda e flexible coma o chapeo dun cogomelo. A muda é un período crítico: non tes ganas de comer, nin forzas para nada e, cando xorde a nova cónchega, esta é branda de maís para te protexer do ataque dun inimigo, ou dos membros da túa propia especie. Por sorte no estanque non facía falla agocharse de seguida cando un sentía os primeiros mareos: alí non había inimigos e as miñas nais coidaban de min.
Pero como puiden saber daquela polas historias que elas me contaban (os centolos comunicámonos cunha linguaxe de movementos das antenas e das patas, combinados con burbullas de aire) a vida en mar aberto era moi diferente á que eu coñecía: alá non te podes fiar de ninguén.
As historias que as miñas nais me contaban da vida en mar aberto enchíanme de curiosidade e medo. Nelas había paisaxes incribles, milleiros de animais descoñecidos de tódolos tamaños, formas e cores; e tamén centos de perigos que, na seguridade do estanque, nin tan sequera podía imaxinar. Eu quedábame pampo escoitándoas e sempre quería saber maís dos costumes dos outros centolos, maís daquel ou daqueloutro peixe, maís de.... Á s veces non daba creto ó que me contaban e pensaba que, simplemente, aquilo eran contos que non tiñan nada que ver coa realidade. Pero houbo unha historia que me contou a centola vella que, dende o primeiro momento, souben que non era una leria: era a historia de Poutasnegras.
Poutasnegras era un polbo xigantesco, unha rexa masa de músculos elásticos ó servicio dunha mente cruel e despiadada. Segundo miña nai maís vella, os polbos son os...
| Erscheint lt. Verlag | 31.10.2019 |
|---|---|
| Verlagsort | Boadilla del Monte |
| Sprache | Galician |
| Themenwelt | Kinder- / Jugendbuch ► Kinderbücher bis 11 Jahre |
| Kinder- / Jugendbuch ► Spielen / Lernen ► Abenteuer / Spielgeschichten | |
| Schlagworte | animales • cuentos infantiles • cuentos para niños • Literatura de aventuras |
| ISBN-10 | 84-9854-731-8 / 8498547318 |
| ISBN-13 | 978-84-9854-731-3 / 9788498547313 |
| Informationen gemäß Produktsicherheitsverordnung (GPSR) | |
| Haben Sie eine Frage zum Produkt? |
Kopierschutz: Adobe-DRM
Adobe-DRM ist ein Kopierschutz, der das eBook vor Mißbrauch schützen soll. Dabei wird das eBook bereits beim Download auf Ihre persönliche Adobe-ID autorisiert. Lesen können Sie das eBook dann nur auf den Geräten, welche ebenfalls auf Ihre Adobe-ID registriert sind.
Details zum Adobe-DRM
Dateiformat: EPUB (Electronic Publication)
EPUB ist ein offener Standard für eBooks und eignet sich besonders zur Darstellung von Belletristik und Sachbüchern. Der Fließtext wird dynamisch an die Display- und Schriftgröße angepasst. Auch für mobile Lesegeräte ist EPUB daher gut geeignet.
Systemvoraussetzungen:
PC/Mac: Mit einem PC oder Mac können Sie dieses eBook lesen. Sie benötigen eine
eReader: Dieses eBook kann mit (fast) allen eBook-Readern gelesen werden. Mit dem amazon-Kindle ist es aber nicht kompatibel.
Smartphone/Tablet: Egal ob Apple oder Android, dieses eBook können Sie lesen. Sie benötigen eine
Geräteliste und zusätzliche Hinweise
Buying eBooks from abroad
For tax law reasons we can sell eBooks just within Germany and Switzerland. Regrettably we cannot fulfill eBook-orders from other countries.
aus dem Bereich